Toxo Telecom somos unha operadora de telecomunicacións galega que ofrece servizos de telefonía móbil, fibra óptica, televisión, enerxía e seguridade.
Formamos parte do Grup Parlem, un conxunto de empresas nacido en Cataluña que proporciona servizos de telecomunicacións e aspira a dar servizo aos seus clientes en calquera recuncho do mundo. Os nosos valores son a proximidade, a calidade do servizo e a excelencia na atención ao cliente.
Actualmente, buscamos a un/a Key Account Manager que será a persoa responsable de ampliar e fidelizar a rede de distribuidores de Toxo en Galicia e zona norte peninsular garantindo os obxectivos de vendas do canal, reportando ao responsable de vendas territorial.
Cales serán as túas responsabilidades?
1. Captar novos distribuidores no territorio segundo a estratexia da compañía.
2. Formar aos distribuidores.
3. Dar soporte aos distribuidores, así como dar soporte nas súas incidencias.
4. Propoñer accións comerciais e de Marketing que axuden a acadar os obxectivos de vendas marcados.
5. Analizar o mercado e a competencia.
Que esperamos de ti?
1. Formación a nivel de Bacharelato ou FP.
2. Valorable achegar formación complementaria en técnicas de venda, técnicas de negociación, marketing ou atención ao cliente.
3. Experiencia xestionando distribuidores, idealmente no sector das telecomunicacións, informática ou novas tecnoloxías.
4. Dominio do galego.
5. Dominio do paquete Office, especialmente Excel e novas tecnoloxías.
6. Dispoñibilidade para viaxar por toda Galicia.
7. Ser unha persoa dinámica, autónoma, flexible e apaixonada polas vendas.
Por que Grupo Parlem?
1. Ambiente de traballo xuvenil e dinámico.
2. Flexibilidade horaria de entrada e saída.
3. Xornada completa de 37,5 h semanais.
4. Tarxeta de retribución flexible (Cobee).
5. Xornada intensiva no verán.
6. Festa o día do teu aniversario.
7. Prémio semestral segundo o logro de obxectivos.
#J-18808-Ljbffr