Toxo Telecom somos unha operadora de telecomunicacións galega que ofrece servizos de telefonía móbil, fibra óptica, televisión, enerxía y seguridade.
Formamos parte do Grup Parlem, un conxunto de empresas nacido en Cataluña que proporciona servizos de telecomunicacións e aspira a dar servizo aos seus clientes en calquera recuncho do mundo. Os nosos valores son a proximidade, a calidade do servizo e a excelencia na atención ao cliente.
Actualmente, buscamos a un/a Key Account Manager que será a persoa responsable de ampliar e fidelizar a rede de distribuidores de Toxo en Galicia e zona norte peninsular garantindo os obxectivos de vendas do canal, reportando ao responsable de vendas territorial.
Responsabilidades:
* Captar novos distribuidores no territorio segundo a estratexia da compañía.
* Dar soporte aos distribuidores, así como dar soporte nas súas incidencias.
* Propoñer accións comerciais e de Marketing que axuden a acadar os obxectivos de vendas marcados.
* Analizar o mercado e a competencia.
Requisitos:
* Formación a nivel de Bacharelato ou FP.
* Valorable achegar formación complementaria en técnicas de venda, técnicas de negociación, marketing ou atención ao cliente.
* Experiencia xestionando distribuidores, idealmente no sector das telecomunicacións, informática ou novas tecnoloxías.
* Dominio do paquete Office, especialmente Excel e novas tecnoloxías.
* Persoa dinámica, autónoma, flexible e apaixonada polas vendas.
Ofrecemos un ambiente de traballo xuvenil e dinámico, e festa o día do teu aniversario.
#J-18808-Ljbffr