Buscamos a unha persoa para traballar de COMERCIAL, para cubrir unha baixa médica.
Precisamos que che guste traballar en equipo, con altas dotes de motivación e adaptación ao cambio. Non nos fixaremos tanto na túa titulación ou experiencia, senón nas túas ganas de querer aprender.
Qué buscamos?
Unha persoa para o noso departamento Comercial, con coñecementos e/ou formación,
en teconoloxía.
Requisitos mínimos:
· Experiencia mínima de 2 anos como comercial no sector tecnológico
· Nivel alto de inglés, galego e castelán (hablado e escrito)
· Disponibilidade puntual para asistir a eventos presenciais
Coñecementos desexados:
· Experiencia concreta na comercialización de servizos de hosting web e dominios.
· Coñecementos básicos sobre administración de sistemas (non pedimos que señas
un/ha sysadmin pero si que che soen conceptos coma MySQL, VPS, PHP o Apache)· Habilidades de comunicación, reporting e traballo en equipo.
En dinahosting traballarás:
· Desenvolvendo tarefas comerciais, de seguemento, mentemento e atención ao
cliente, mediante teléfono, e-mail ou chat.· Resolvendo dúbidas de carácter administrativo ou comercial.
· E preparando e presentando presupostos para tentar ampliar a carteira de
clientesE por suposto, encantaríanos que nos deses sempre a túa opinión e ideas de mellora!
Como o farás?
A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team lead,
que supervisa o traballo de equipo e está para axudarte no que precises.
Non partirás de cero en todo isto. Temos documentados os procesos de traballo e
facemos talleres de formación constantes.
Cando traballarás?
Terás unha xornada compreta de lúns a venres, e rotarás cás demáis persoas do
departamento entre un turno intensivo e un turno partido.
Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos
pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo.
Onde traballarás?
As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela, pero poderás
escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto. Ti elixes!
Salario e beneficios sociais
Contamos con convenio propio.
Ademáis, tamén contamos con esta serie de beneficios sociais:
· Flexibilidade laboral e teletraballo voluntario
· Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras
· Bolsa de formación subvencionada ao 100 %
· Seguro médico e dental privado ao facer 6 meses na empresa
· Axudas para o pagamento de garderías e centros de coidado de maiores
Máis sobre dinahosting
En dinahosting levamos desde 2001 dándolle aos nosos clientes todo o que precisan
para garantir a súa presenza online. Desde os nosos inicios acompañamos a evolución
de Internet sendo unha empresa innovadora, que aposta pola calidade técnica, o
desenvolvemento de ferramentas propias e a mellor atención ao cliente.
Estas foron as chaves do noso crecemento e o que nos converteu nunha compañía líder
no sector que somos hoxe en día. Ofrecemos todo tipo de solucións para un proxecto
online, desde plans de aloxamento de hosting compartido ata servidores de alto
rendemento tanto virtuais como físicos e por suposto, os servizos de cloud máis
avanzados. Tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos
os dominios do mercado e estamos acreditados pola ICANN.
Somos partners de marcas tan recoñecidas como Microsoft, Dell, Intel, Cisco ou
VMware. En xullo de 2021, Netcraft nomeounos a empresa de aloxamento web máis
fiable a nivel mundial.
O Soporte Técnico é o noso sinal de identidade e estamos sempre
dispoñibles as 24 horas do día, os 365 días do ano. Temos a disposición dos nosos
clientes diferentes ferramentas para que se poñan en contacto con nós: un chat,
teléfono gratuíto e correo electrónico, sen contestadores, sen formalismos, sen esperas
e en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, inglés e portugués.
Ao inscribirte nesta oferta de emprego das o teu consentimento explícito a Dinahosting SL para tratar
os teus datos coa finalidade de que a túa candidatura participe no proceso de selección asociado. Os
datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se
recabaron. Non comunicamos os teus datos a terceiros. Podes revocar o teu consentimento, así como
exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e outros dereitos mediante comunicación
escrita, dirixida ao noso departamento de Recursos Humanos, en Rúa das Salvadas, no 41, Baixo-
15705, Santiago de Compostela ou na dirección rrhh@dinahosting.com. Para máis información,
consulta a nosa política de privacidade en https://dinahosting.com/legal/proteccion-datos.