17/10/2024 | Oferta de emprego
Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1450
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: 18,75 horas/semana
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma.
Duración do contrato: 6 meses
Salario bruto mensual: 950,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo
Categoría laboral: Técnico Especialista de apoio á investigación modalidade D (Bacharelato, FP2)
Traballo a realizar:
A persona contratada incorpórase ó Grupo de Deseño e Simulación Numérica para apoiar as tarefas de deseño e montaxe de dispositivos mecánicos e electrónicos para prototipos de ensaio.
Requisitos:
* Bacharelato ou FP2.
Méritos a valorar:
* Formación académica en deseño e montaxe mecánico. (25 puntos).
* Experiencia demostrable en taller de montaxes electrónicos: soldadura, verificación (25 puntos).
* Certificación B2 de Inglés (15 puntos).
* Experiencia demostrable en programación de Arduino ou similares: actuadores, vídeo, comunicacións. (20 puntos).
* Entrevista persoal. A entrevista realizarase únicamente a todos os candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos. Poderá non realizarse se só hai un candidato (15 puntos).
Comité avaliador:
* Presidente: Enrique Casarejos Ruiz.
* Secretario: Abraham Segade Robleda.
* Vogal: Marcos López Lago.
Documentación:
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 24 de outubro de 2024. #J-18808-Ljbffr