03/12/2024 | Oferta de emprego
Convocatoria: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1472
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia).
Duración: indefinida.
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Salario bruto mensual: 1750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Técnico Especialista de apoio á investigación modalidade D (Bacharelato, FP2).
Traballo a Realizar:
Monitorización de tráfico en estrada baseada en visión artificial con fotogrametría e aprendizaxe profunda.
Requisitos:
* FP2 Telecomunicacións ou Programación/Bacharelato técnico.
Méritos a valorar:
* Titulación académica requerida e relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas (FP2/Bach) (25 puntos).
* Experiencia investigadora e cv relacionados coas xeotecnoloxías aplicadas e a monitorización de zonas de obra usando IA (45 puntos).
* Outra formación relacionada coas xeotecnoloxías aplicadas (15 puntos).
* Entrevista persoal: A entrevista persoal realizarase unicamente ós/ás 3 candidatos/as que, na suma dos méritos anteriores, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador:
* Presidente: Joaquín Martínez Sánchez.
* Secretario: Pedro Arias Sánchez.
* Vogal: Belén Riveiro Rodríguez.
Documentación:
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 12 de decembro de 2024. #J-18808-Ljbffr