Valoracións psicolóxicas das persoas usuarias (cognitivo, psicosocial, condutual, emocional) para a súa valoración inicial e revisións posteriores.
Responsabilidades
* Participación activa na planificación do cronograma mensual de actividades. Elaborar fichas de actividade así como material necesario para levar a cabo actividades grupais de diversa índole seguindo o proxecto técnico e proxecto de centro. Impartilas debidamente e rexistrar en forma e tempo as valoracións das mesmas.
* Traballar en equipo para a organización de actividades extraordinarias coas persoas usuarias e/ou as súas familias, organizar a loxística das posibles saídas e contactos coa comunidade, seguindo o proxecto técnico.
* Intervención psicosocial coas familias en situacións de sobrecarga ou asesoramento personalizado en situacións de alteracións de conducta da persoa usuaria no fogar.
* Realizar un rexistro e seguimento de posibles alteracións conductuais, así como elaboración de pautas de intervención para o resto do equipo de cara a súa prevención e manexo, seguindo o modelo ACP.
* Asumir o rol de “profesional de referencia” e traballar conforme as guías metodolóxicas do CGSIB. Realizar entrevistas de preingreso e apertura de expediente das persoas usuarias de referencia. Realizar un seguimento periódico do seu plan de actuación individual e obxectivos establecidos, e rexistro dos seguimentos e incidencias relevantes das persoas usuarias de referencia. Comunicación eficaz coas súas familias no caso de persoas con gardador/a de feito. Seguimento e actualización dos posibles cambios de medicación e comunicación dos mesmos ao equipo.
* Funcións polivalentes de atención directa ás persoas usuarias en apoio ao equipo xerocultor: recepción e traslados das persoas usuarias, transferencias, apoio na alimentación, supervisión e prevención de caídas, recoller e organizar as salas comúns, apoio puntual na desinfección e limpeza das salas ou na administración da medicación, etc.
* Outras tarefas documentais: elaboración e rexistro de documentos oficiais en tempo e forma (rexistros de ausencias, seguementos diarios das persoas usuarias, libro de incidencias, etc.). Colaborar na atención telefónica ás familias.
* Mediar e aportar solucións a posibles conflictos que acontezan no centro. Apoiar á dirección do centro para crear un bo clima de traballo.
Requisitos
* Formación en Gerontología ou Geriatría
#J-18808-Ljbffr