Descrición:
Tes formación en ADE, Económicas, Empresas, Dereito ou en Xestión de Empresas? Tes MBA, posgraduado ou máster de polo menos 500 horas lectivas? A túa experiencia está vinculada á consultoría financeira, de administración ou contable? Se é así, en Galejobs estamos a buscar un perfil como o teu!
Buscamos un/a Consultor/a Financeiro/a para incorporarse a unha consultora especializada en empresas familiares, finanzas e estratexia situada en Santiago de Compostela.
As túas funcións principais serán:
1. Asesoramento económico-financeiro (empresa, autónomos, emprendedores)
2. Análise Financeira
3. Elaboración de plans de competitividade
4. Diagnoses empresariais
5. Negociación bancaria
6. Elaboración de informes e estudos financeiros (Word, Excel)
7. Xestión de subvencións
Requisitos:
1. Experiencia mínima de 10 anos en xestoría, asesoría, áreas financeiras e/ou consultoría financeira.
2. Coñecementos financeiros avanzados, especialmente en análise contable e interpretación de estados financeiros.
3. Coñecementos de negociación bancaria e de produtos bancarios de financiamento.
4. Solvencia no paquete office.
5. Valoraranse positivamente coñecementos fiscais e mercantibles así como a experiencia en impartición de cursos formativos na área de finanzas.
6. Dispoñibilidade para desprazarse por toda Galicia para desenvolver proxectos (posto deseñado para non pernoitar fóra de casa, os desprazamentos son en xornada de mañá ou tarde).
Ofrecemos:
1. Proxecto estable: contrato de 6 meses e posibilidade de indefinido.
2. Interesante retribución fixa + variable.
3. Quilometraxe e peaxes.
4. Teletraballo 40%.
Posto: Consultora/or Financieira/o
#J-18808-Ljbffr