Fogar do Santiso é unha empresa galega innovadora e disruptiva; referente en consultoría e restauración agroecolóxica, con máis de 28 anos de traxectoria vinculada á sustentabilidade.
Busca persoas responsables, motivadas, con capacidade de traballo e talento nas relacións humanas.
Ofrecemos un futuro laboral dentro dunha empresa en pleno crecemento, que achega respecto, cordialidade, organización, bo ambiente de traballo, conciliación laboral e crecemento persoal e profesional dentro da empresa.
Responsabilidades
* Adaptarse ás situacións do día a día
* Coñecemento de idiomas
* Vocación ou formación teatral
* Formación Musical
Vantaxes do Grupo Fogar do Santiso
* Defensa da contorna e dignificación do rural.
* Traballo nunha contorna singular e rodeada de natureza.
Cociña da Terra, o noso concepto gastronómico.
Cada persoa pode facer unha contribución real ó éxito da empresa e aportar ós seus obxectivos de benestar social, ambiental e bioeconómico. Somos ecolóxicos e sustentables porque somos consecuentes cos nosos principios. Somos poetas e namorados da cultura labrega de Galicia.
Formación
Cociña da Terra para a clientela, o equipo e para o mundo. Creamos conciencia a través da gastronomía.
#J-18808-Ljbffr