03/12/2024 | Oferta de emprego
Convocatoria:
Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses).
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma.
Duración do contrato: 2 meses.
Salario bruto mensual: 2500,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior).
Traballo a Realizar:
Validar os usos potenciais de bisurfactantes obtidos de licores de lavado de millo como biopesticida e conservante na industria agroalimentaria.
Requisitos:
* Grao ou Mestrado en Enxeñaría Química, Biotecnoloxía, Química, Tecnoloxía dos Alimentos, Bioquímica e outras titulacións afíns.
Méritos a valorar:
* Méritos xerais: formación académica, expediente académico e coñecementos de inglés de nivel avanzado (40 puntos).
* Méritos específicos e experiencia relacionada coas funcións a desempeñar (45 puntos).
* Entrevista persoal aos 3 candidatos que, na suma dos méritos, acaden un mínimo de 50 puntos (15 puntos).
Comité avaliador:
* Presidente: Ana Belén Moldes Menduiña.
* Secretario: José Manuel Cruz Freire.
* Vogal: Xanel Vecino Bello.
Documentación:
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 12 de decembro de 2024. #J-18808-Ljbffr