Descrición:
¿Tes titulación de ciclo superior ou grao universitario relacionada co sector agrario? ¿Gustaríache traballar man a man coas explotacións gandeiras da nosa terra e buscas estabilidade laboral? ¿Tes un carácter aberto, capacidade de negociación e gusto por traballos dinámicos? Se a túa resposta ás anteriores preguntas é afirmativa, en Galejobs estamos agardando por ti.
Buscamos, para unha das principais industrias lácteas de Galicia, un/ha Tecnico/a de Campo, para traballar, dentro da nosa CCAA, na zona asignada e tamén para facer viaxes puntuais ás nosas plantas de Cantabria e Castela León.
Funcións principais:
1. Realización das auditorías de Welfare Quality e facer os posteriores seguementos das mesmas.
2. Realización de auditorías de boas prácticas gandeiras e de transporte.
3. Seguemento de procesos de mellora de calidade láctea.
4. Evaluación e selección de proveedores de leite, asegurando o cumprimento da lexislaxación vixente.
5. Revisión da realización da toma de mostras nas explotacións.
6. Informe e reporte á Dirección de Compras de Leite sobre a política de prezos da competencia nas túas zonas de actuación.
Requisitos Mínimos:
1. Ciclo Superior relacionado co posto (rama agraria).
2. Coñecementos en programas de mellora de calidade láctea e sobre as principais certificacións alimentarias.
3. Dispoñibilidade para viaxes puntuais.
4. Valoramos que teñas o curso acreditación Welfare Quality.
Condicións:
1. Contrato en réxime xeral, indefinido.
2. Coche de empresa con todos os gastos cubertos.
3. Banda Salarial, en función da túa experiencia e competencias de 23.000-24.000€ brutos anuais.
Posto: INSPECTOR/A DE CAMPO
Estudos Mínimos: Ciclo Superior/Grao Universitario relacionado coa rama agraria.
#J-18808-Ljbffr