BECA FEUGA, Departamento de Gestión Online.
Remuneración 1000€/mes en Mesía, A Coruña.
Queres somerxerte no apaixoante mundo dos iogures ecolóxicos mentres gozas da beleza do campo galego?
Esta é a túa oportunidade!
Le con moOoita atención a nosa proposta:
En Xanceda, entre Santiago e Coruña atópase a nosa granxa láctea ecolóxica, onde as nosas vacas felices pacen en 200 hectáreas de prados e bosques.
Aí, nunha contorna incomparable, está a nosa iogurtería ecolóxica, onde cada día convertimos o leite das nosas vacas en deliciosos iogures.
Desde Xanceda, enviamos os nosos iogures eco a toda España, liderando o mercado cunha calidade indiscutible.
Que che ofrecemos?
Unha beca FEUGA cunha remuneración de 1000€ mensuais durante 12 meses. Únete ao noso equipo e aprende todos os segredos do ecommerce con María.
Formaraste en atención ao cliente, picking, preparación de follas de carga, control de stocks e xestión de market place. Únete ao noso equipo dinámico e mozo nunha contorna idílica rodeada de vacas e natureza.
Que buscamos?
Unha persona amable, dinámica e con iniciativa. Apaixoada polos animais, o medioambiente e a vida rural. Ganas de aprender, responsable e entusiasmo contaxioso!
Que requisitos pon FEUGA?
Para optar a unha beca FEUGA tes que cumprir uns sinxelos requisitos que marca FEUGA. Pon moOoita atención: https://www.Becasfeuga.Es/ofertas/28174/ver
Mándanos o teu CV a ******.
#J-18808-Ljbffr