BECA FEUGA, Departamento de Gestión Online.
Remuneración: 1000€/mes en Mesía, A Coruña.
Queres somerxerte no apaixoante mundo dos iogures ecolóxicos mentres gozas da beleza do campo galego? Esta é a túa oportunidade!
Le con moOoita atención a nosa proposta: En Xanceda, entre Santiago e Coruña, atópase a nosa granxa láctea ecolóxica, onde as nosas vacas felices pacen en 200 hectáreas de prados e bosques.
Aí, nunha contorna incomparable, está a nosa iogurtería ecolóxica, onde cada día convertimos o leite das nosas vacas en deliciosos iogures. Desde Xanceda, enviamos os nosos iogures eco a toda España, liderando o mercado cunha calidade indiscutible.
Que che ofrecemos? Unha beca FEUGA cunha remuneración de 1000€ mensuais durante 12 meses. Únete ao noso equipo e aprende todos os segredos do ecommerce con María.
Formaraste en atención ao cliente, picking, preparación de follas de carga, control de stocks e xestión de market place. Únete ao noso equipo dinámico e mozo nunha contorna idílica rodeada de vacas e natureza.
Que buscamos? Unha persona amable, dinámica e con iniciativa. Apaixoada polos animais, o medioambiente e a vida rural. Ganas de aprender, responsable e entusiasmo contaxioso!
Que requisitos pon FEUGA? Para optar a unha beca FEUGA, tes que cumprir uns sinxelos requisitos que marca FEUGA. Pon moOoita atención: Requisitos de FEUGA.
Mándanos o teu CV a ******
#J-18808-Ljbffr