Descrición:
A EMPRESA:
Dativic S.L é unha empresa innovadora enrolada no mundo da impresión 3D ou fabricación aditiva. É maioritariamente coñecida grazas á súa liña de negocio e-commerce baixo a marca Filament2Print, a través do cal se comercializan unha das maiores gamas de produtos de impresión 3D do mercado europeo. Diferénciase polo seu alto nível de servizo e fiabilidade ofrecido ao mercado con máis de 3000 referencias en stock e realizando envíos a todo o mundo.
FUNCIÓNS:
1. Creación de contido técnico sobre impresión 3D para ecommerce (fichas de produtos, artigos para o blog...).
2. Realización de fotografías, vídeos e deseños necesarios para web, canles dixitais, eventos, etc.
3. Guionización, gravación e edición de vídeos.
4. Xestión e dinamización de redes sociais.
5. Planificación de calendario editorial para coordinación de contido e comunicación en todas as canles da marca.
OFRÉCESE:
1. Contrato en xornada completa (40 horas de luns a venres).
2. Formar parte dunha empresa de referencia no sector da fabricación aditiva con vocación internacional e en plena expansión.
3. Posibilidade de crecer xunto á empresa.
4. Centro de traballo na contorna de Vigo (Nigrán).
5. Cultura de empresa orientada a valores corporativos: Paixón, profesionalidade, orientación ao cliente e mellora continua.
Posto
Creador/a de contido impresión 3D
Requisitos Mínimos:
1. Persoa organizada, resolutiva e proactiva.
2. Capacidade de coordinación e planificación.
3. Excelente redacción.
4. Coñecementos de edición fotográfica e deseño gráfico.
5. Coñecementos de gravación e edición de vídeo.
6. Valorable coñecementos básicos sobre impresión 3D, especialmente sobre a tecnoloxía FDM.
7. Experiencia no uso do CMS Prestashop.
8. Nível alto de inglés.
Requisitos Desexados:
1. Coñecemento de outro(s) idioma(s) (francés, portugués, alemán, italiano).
2. Uso avanzado de Excel.
Experiencia Mínima:
Estudos Mínimos:
Titulado en Comunicación Audiovisual, Belas Artes, Administratación de Empresas, Marketing
#J-18808-Ljbffr