18/02/2025 | Oferta de emprego
Convocatoria: Número de prazas: 1
Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia).
Duración: Indefinida.
Xornada: Tempo completo (37,5 h/semana).
Data probable de inicio: A partir da resolución desta convocatoria.
Salario bruto mensual: 1750,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias).
Lugar de traballo: Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior).
Traballo a Realizar
Estudos electroquímicos sobre unións soldadas e cimentos condutores.
Requisitos
* Grao en Enxeñaría de Minas (materiais) e Mestrado (Prevención de riscos laborais).
Méritos a valorar
* Expediente académico (30 puntos).
* Experiencia profesional relacionada co perfil (60 puntos).
* Entrevista persoal (10 puntos). A entrevista realizarase unicamente aos/ás 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.
Comité avaliador
* Presidente: Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez.
* Secretaria: Belén Díaz Fernández.
* Vogal: David Álvarez González.
Documentación
* Solicitude
* Currículum vitae
* Declaración responsable (anexo I da convocatoria) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo.
Data límite de recepción de candidaturas: A data límite para o envío das solicitudes é o 25 de febreiro de 2025. #J-18808-Ljbffr