En Santiago Sur Galicia abrimos un proceso de selección dun ARQUITECTO/A TÉCNICO/A con polo menos 5 anos de experiencia en obra; deberá ter coñecementos avanzados de CAD e tamén modelado con sistemas BIM; folla de cálculo e programas de xestión de obras.
O posto de traballo estará nas nosas oficinas en Novo Milladoiro, aínda que poderá desprazarse ás obras que temos no ámbito da provincia da Coruña, polo que deberá dispoñer de carné de conducir.
Os traballos a desenvolver serán de 2 tipos:
1. Oficina técnica, como poden ser: a realización de estudos previos de orzamentos, viabilidade de operacións inmobiliarias, traballos de delineado en apoio ás obras en curso ou en estudo, levantamentos de locais ou parcelas, modelado BIM de traballos varios.
2. A pé de obra como apoio á xefatura de obra.
A retribución acordarase segundo a experiencia acreditada e a valía do candidato/a. Finalmente, indicar que a incorporación será inmediata.
#J-18808-Ljbffr