Campo Galego é un medio dixital do sector agrario, editado pola empresa Agrocomunicación SL. Buscamos unha persona con capacidade para gravar e editar vídeo informativo / marketing, e que se manexe na xestión de redes sociais.
Responsabilidades
* Gravar e editar vídeos.
* Xestionar redes sociais.
Requisitos
* Formación: grado en comunicación audiovisual, xornalismo, ou no seu defecto, ciclo formativo en marketing dixital / audiovisual.
* Capacidade na gravación e edición de vídeos. Valorarase experiencia profesional e portfolio de traballos realizados.
* Capacidade na xestión de redes sociais.
* Adicionalmente, valorarase capacidade e experiencia na escrita de textos informativos, de carácter xornalístico.
* Desexable certo coñecemento do sector agrario de Galicia (gandería, agricultura, agroalimentación e forestal).
Lugar de traballo
* Posibilidade de traballar na oficina da empresa en Santiago de Compostela ou en modalidade de teletraballo, con residencia en calquera punto de Galicia.
* Será preciso contar con vehículo propio para desprazamentos a gravacións.
Retribución
* Contrato inicial a media xornada segundo o convenio de Prensa diaria, na categoría 3 (equivalente a redactor). Posibilidade de ampliación a xornada completa.
Data prevista de incorporación
* Segunda quincena de marzo de 2025.